UN ÚNICO PROPÓSITO
facer moito ruido
BALA son Anx (guitarra e voz) e V (batería e voz), dúas amigas que se xuntaron en 2013 co único propósito de pasalo ben, tocar moi alto e berrar xuntas. O seu estilo móvese entre o rock intenso e o grunge, pero tamén se achegan cada vez máis ao stoner, ao hardcore ou ao metal.
Ata o momento publicaron catro discos: ‘Human Flesh’ (Matapadre, 2015), ‘Lume’ (Matapadre, 2017), ‘Maleza’ (Century Media, 2021) e ‘Besta’ (PIAS, 2024). Tocaron nos grandes festivais de España e Portugal, pero tamén en países como Xapón, Australia, EUA, Colombia ou Reino Unido, deixando a súa pegada en lugares como Stoned and Dusted (Deserto de Mojave, California), ou Rock al Parque en Bogotá (2018).